Ultimamente parece que todo o mundo é quen de opinar sobre calquera tema
aínda que un non sexa un esperto. Obsérvase unha falta de argumentos á hora de
defender ideas ou posturas e a información na que ás veces nos baseamos non está
suficientemente contrastada. Isto mesmo reprodúcese nas aulas e o noso alumnado
emprega as primeiras páxinas que lles ofrecen os buscadores da Internet cando lles
pedimos que investiguen sobre un tema en concreto, seguido dun “corta e pega” co que
non afondan nin reflexionan verdadeiramente no tema presentado. Por outra banda, ante
un tema determinado, tendemos a posicionarnos nunha única postura e defender a
mesma a capa e espada, sen dar tempos á escoita de quen defende a postura contraria ou
en ofrecer tempos respectuosos de réplica.
O proxecto Debater para Coñecer nace para dar resposta á necesidade de ofrecer
argumentos sólidos e convincentes, baseados en información obxectiva e veraz que avale a
postura que defendemos dun tema proposto. Pero nace tamén para favorecer as relacións
sociais, a reflexión crítica, a escoita activa, a empatía, o respecto e o afán de superación. É
por isto que o proxecto en si mesmo permite traballar o desenvolvemento da competencia
espiritual, segundo o Marco de Espiritualidade da Provincia Marista Compostela (Gier).
Non podemos esquecer que o proxecto tamén nos permite traballar estándares de
comunicación oral e escrita das materias de Lingua Galega e Castelá, e os relacionados con
temas científicos actuais propios da materia de Física e Química no 3º curso da E.S.O.
Finalmente, Debater para coñecer permítenos saber que alumnado ten mellores
competencias no campo da oratoria. Dos debates realizados na aula saen os alumnos que,
posteriormente, van representar ao colexio nos distintos debates intercolexiais aos que
nos presentamos.

 

Premio: 2º en la categoría de secundaria de los XIV Premios de Innovación Educativa de la Provincia Marista Compostela.

Please reload

  • Facebook Black Round
  • Google+ Black Round
  • Tumblr Black Round

PROVINCIA MARISTA COMPOSTELA

 

Presentamos una relación-resumen de INNOVACIÓNPRÁCTICAS EDUCATIVAS realizadas durante los cursos 2013 a 2016 en los colegios de la Provincia Marista Compostela y que varias de ellas han sido reconocidas por diferentes organismos oficiales y concursos.

Párrafo. Haz clic aquí para agregar tu texto y editar. Permite que tus usuarios te conozcan.

Búsqueda por Tags

© 2018 por Provincia Marista Compostela

  • Facebook Black Round
  • Tumblr Black Round